Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 19/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG de Valdeorras bloquea o acceso á oficina de Facenda do Barco en protesta polos recortes do Goberno español do PP

Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista permaneceu arredor dunha hora e media encadeado diante do edificio
A CIG de Valdeorras levou a cabo este mércores unha nova protesta contra os últimos recortes anunciados polo Goberno español do Partido Popular. Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista bloquearon o acceso á oficina de Facenda do Barco durante hora e media tras encadearse á varanda da porta principal.

A CIG de Valdeorras protagonizou este mércores unha acción conta os recortes anunciados polo presidente español, Mariano Rajoy. Un grupo de delegados/as e militantes permaneceron arredor de hora e media encadeados á varanda situada na porta de acceso á oficina de Facenda no Barco.

A mobilización impediu a entrada de persoas ao recinto e foi suspendida cando axentes da Policía Local cortaron as cadeas utilizando unha cizalla.

Ao mesmo tempo, a Garda Civil procedeu á identificación de todas as persoas que participaron na protesta para rexeitar os últimos ataques do Goberno central contra a clase traballadora.

cig.prensa@galizacig.com