Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 19/8/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Convocada folga no sector de ambulancias para setembro

Será, dende as 0 ás 24 horas, o día 8 de setembro e abrague a todas as empresas afectadas polo convenio galego
O vindeiro luns presentarase a convocatoria de folga no sector de ambulancias no rexistro da consellaría de Sanidade. A folga convócase dende as 0 ás 24 horas do dia 8 de setembro do 2011 e abrague a todas as empresas afectadas polo convenio galego para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia.
Ambulancias do Eume presta o servizo do 061 nos Concellos de Ares, Mugardos, Cabanas, Monfero e Pontedeume.

Segundo se recolle na propia convocatoria, os motivos que levan aos promotores á convocatoria desta folga é presionar tanto á administración publica como ao conxunto de empresas que xestionan tanto o transporte urxente como o non urxente pola inminente redución de plantillas que se levará a termo tanto polos recortes xa anunciados no sector do transporte sanitario urxente pola Conselleria de Sanidade como os que previsibelmente se prevén neste mesmo sector e tamén no sector do transporte sanitario non urxente.

Ao mesmo tempo a situación do sector é insostibel do ponto de vista laboral coa actitude da patronal do sector de non querer asinar as taboas salariais coa revisión salarial que xa foi pactada no convenio anterior (cuxa vixencia rematou o 31 de decembro do 2010) e coa negativa a negociar un convenio colectivo para o sector logo de case que 9 meses de ter rematada a sua vixencia o anterior.

Promóvese a presente declaración de folga por canto é o unico camiño que nos deixa unha patronal que nega a capacidade sindical para negociar un convenio e que non quere cumprir o que xa ten pactado en canto ás taboas salariais e tamén diante dunha administración sanitaria que nega á representación sindical como interlocutora e anuncia recortes durisimos que van levar consigo importantes mermas nas plantillas.

cig.prensa@galizacig.com