Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 19/9/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O 74% do profesorado dos Centros Integrados de Formación Profesional está en desacordo co Sistema de Xestión da Calidade

Traballadores/as dos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela concéntranse en defensa do ensino público
A maioría do profesorado dos Centros Integrados de Formación Profesional rexeita o funcionamento do Sistema de Xestión de Calidade, implantado por Educación, porque aumenta as tarefas burocráticas do docente e non mellora a actividade docente e os procesos de ensino aprendizaxe. Así se desprende da enquisa realizada pola CIG-Ensino entre os/as docentes, a finais do curso 2011-2012, que consideran, ademais, que os beneficios do sistema non xustifican a súa implantación en tempos de crise.

Un 88,19 % sinala estar “nada de acordo” en que sexa positivo que unha empresa privada controle a actividade docente no ensino público, a súa planificación e programación. O 72,92% di tamén que non está “nada de acordo” en que facilite a comunicación entre o profesorado e o alumnado.”Nada de acordo” tamén é opción escollida por un 55,56% cando se lle pregunta por se respecta a liberdade de cátedra e por un 76,39% cando  responden á pregunta de se o proceso de implantación foi respectuoso coas comunidades educativas afectadas.

Só unha minoría inferior ao 5% considera que contribúe a xerar un ambiente favorábel de traballo no centro. Unha porcentaxe inferior ao 20% manifesta compartir a afirmación de que, na Avaliación da Calidade, as necesidades do centro son prioritarias sobre o propio sistema de xestión da calidade e só preto dun  7% valora positivamente a estratificación salarial e laboral derivada da implantación do sistema.

O Sistema de Xestión da Calidade está implantado en 17 Centros Integrados de Formación Profesional.ç

Concentración nos institutos de Burela

Pola súa banda, traballadores e traballadoras dos IES Monte Castelo e Perdouro, en Burela, realizaron unha concentración hoxe ás portas deste último instituto en defensa dun ensino público de calidade. A protesta, convocada por todos as organizacións sindicais, volverase repetir o vindeiro mércores ás 11:00 horas.

Documentos
DATOS ENQUISA CIFP.pdf
cig.prensa@galizacig.com