Convoca unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas, este martes 3 de xaneiro, ás 10:30 horas
O pasado mércores
28 de decembro, o encargado de Autobuses de Calo agredía fisicamente a Nélida
Pisco na nave da empresa. A traballadora tivo que ser atendida no centro de
saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións. Mañá martes, día 3 de xaneiro, terá lugar, nos xulgados de Fontiñas, un xuízo rápido pola vía penal.
A CIG convoca ás 10:30 horas, unha concentración en repulsa a esta agresión
machista diante dos propios xulgados.