Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 2/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Secretaría da Muller edita unha guía que compila o marco laboral e social actualizado

Achega propostas a incorporar na negociación colectiva desde a perspectiva de xénero
A Secretaría da Muller da CIG vén de publicar a Guía de  Negociación Colectiva desde a Perspectiva de Xénero.  Un manual que pretende servir como ferramenta, fundamentalmente nos procesos de negociación colectiva, para favorecer a implantación da igualdade real nos centros de traballo.

A Guía recolle a lexislación en materia laboral e social unha vez incorporado o marco legal en materia de igualdade de oportunidades para mulleres e os homes, así como o relacionado coa conciliación da vida familiar, persoal e laboral, co obxecto de ofrecer unha ferramenta útil para a clase traballadora en xeral, e aos nosos delegados e delegadas en particular. Nela recóllese o Estatuto dos/as traballadores/as, o Estatuto básico da/o empregada/o pública/o e a Lei da función pública.

Xunto coa lexislación, achéganse propostas de mellora en materia de igualdade a incluír na negociación dos convenios colectivos. Así mesmo, recóllense modelos de solicitudes tipo relacionados coa conciliación da vida familiar, persoal e laboral, modelos de acumulación e cesión do permiso de lactación, redución da xornada, excedencia, flexibilización horaria e acumulación das vacacións.

Con esta publicación a Secretaría da Muller pretende difundir e aplicar a lexislación vixente, e mellorala a través da negociación colectiva, agardando que contribúa á sensibilización e ao compromiso de todas e todos nós na implantación real da igualdade no lugar de traballo.

Documentos
Guia Negociacion Colectiva.pdf
cig.prensa@galizacig.com