O Foro ocupará durante tres días o Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolvéndose no Auditorio de Galiza, o Burgo das Nacións e a Facultade de Filoloxía. A CIG ten organizada unha actividade, en colaboración coa Fundación Galiza Sempre e Altermundo no que se abrirá un espazo para a discusión da actualidade económica e política e as alternativas ao sistema capitalista, baixo o título “O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?”. Maricarme López Santamariña, Xabier Macías, Xavier Vence e José Vidal-Beneyto serán os encargados de achegar diferentes perspectivas sobre esta cuestión.
De igual xeito, a central estará presente na Comunicación “Manifesto de iniciativas a prol da oficialidade plena do galego”, onde participarán Alexandre Ínsua (CIG), e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.
Durante os tres días no FSGal desenvolveranse un total de 12 actividades autoorganizadas polos movementos sociais adheridos, así como dous debates plenarios (sobre a lusofonía e sobre perspectivas do altermundialismo), máis de 12 horas de proxección continua de documentais de carácter social e a presentación de 14 iniciativas e campañas promovidas por movementos sociais. Do mesmo xeito, o FSGal contará cunha programación cultural paralela configurada por concertos, teatro, crico ou obradoiros.
PRESENZA DA CIG NO FSGal
Día 5
18:30 Acto apertura no Auditorio de Galiza.
Día 6
11:00 h. Comunicación: “Manifesto e iniciativas a prol da oficialidade plena do Galego”
Aula 5 da Facultade Filoloxía (Campus Norte)
Carlos Callón- Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Alexandre Ínsua – CIG
Fundación Galiza Sempre
16:30h. Debates simultáneos. “O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema?”
Aula 1 da Facultade Filoloxía
Xabier Macías- Fundación Galiza Sempre
Mª Carme López Santamariña- CIG
Xavier Vence- USC
José Vidal-Beneyto –Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet, Paris.
Día 7
12:30h. Asamblea de Movementos Sociais no Auditorio de Galiza, Sala Mozart.
Xuntanza autoconvocada. Plenario de todos os movementos sociais adheridos e aberta a calquera colectivo ou persoa interesada.
Os tres días: espazo da CIG na Carpa dos movementos sociais, instalado no Burgo das Nacións.
PROGRAMA DEFINITIVO EN PDF:
http://forosocialgalego.org/images/materiais/programadef.pdf