Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 2/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Dotacións de antidisturbios desaloxan o peche da asemblea de parados do naval en Barreras ás 00.30 da noite

Romperon cun mazo a porta da enfermeiria e destrozaron mobiliario
Ás doce e media da noite, catro dotacións de Policias Antidisturbios entraron nas instalacións do estaleiro de Barreras, rompendo cun mazo a porta da enfermeria onde estaban pechados e durmindo un grupo de 15 persoas da asemblea de parados do naval, e diante da violencia coa que entraron estes efectivos, os traballadores só puideron chamar á calma para que pararan de destrozar tanto o mobiliiario como as instalacións. O grupo de parados xa está fora das instalacións, foron identificados e non houbo detencións. e anuncian que na xornada do 2 de febreiro manterán asembleas para analizar que seguintes pasos tomar.

Foron identificados e seguidamente abandonaron as instalacións, vixiados en todo momento por un desproporcionado despregue policial, como se estiveramos a falar dunha operación antiterrorista e non dunha mobilización en defensa do traballo no sector naval.

Permisividade de Barreras coa brutalidade

A asemblea de parados criticou este desaloxo e os métodos utilizados, asi como a permisividade do estaleiro Barreras, que permitiu e tolerou esta intervención policial dentro deste centro de traballo

Lembran tamén que o único que estaban a reclamar era unha interlocución coa dirección deste estaleiro, que está a permitir subcontratación ilegal e a entrada de man de obra barata, porque "nós, co noso traballo, levantamos o sector e .temos dereito a ese mesmo traballo, a defendelo, e o que non é de xustiza é este tratamento que estamos a recibir, onde se nos pechan todas as portas e se nos bota fora deste xeito".

cig.prensa@galizacig.com