O obxectivo do programa é achegar unha aproximación básica á prevención de riscos laborais inherentes ao sector marisqueiro, acuícola e pesqueiro (baixura), segundo a lexislación actual, cunha duración de 30 horas, ademais dun módulo de igualdade entre homes e mulleres de 5 horas.
A maiores, e como novidade, impartirase un módulo de natación no que se aprenden técnicas básicas de mantemento a flote e perfeccionamento de técnicas de natación, cunha duración de 15 horas.
Este curso tamén se ofertará ás demais Confrarías de Ferrolterra e dende a Federación non descartaron presentalo no resto do País.