Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 2/6/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Concentración na Praza de Armas, diante do Concello de Ferrol.
Concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Vigo.

Concentración no I.E.S. Santa Irene de Vigo.

Concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano. Santiago de Compostela
Concentración diante do ambulatorio Concepción Arenal, de Santiago de Compostela
Concentración diante do concello de Santiago
Protesta ás portas do Instituto das Lagoas, en Ourense.
Concentración diante do IES Rosalía de Castro, en Compostela
Concentración de empregados e empregadas públicos/as en A Mariña.
Concentración diante do edificio da Xunta en Lugo.
Protesta diante do Hospital Provincial de Pontevedra.
Concentración diante do Concello de Verín.
Concentración diante do Concello de A Coruña.
Concentración diante do Concello de Carballo.

Empregados e empregadas públicas concéntranse diante de diversos centros de traballo por toda Galiza, convocados pola CIG

A CIG fixo a convocatoria “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”
Empregados e empregadas públicas concentráronse diante dos seus respectivos centros de traballo en todas as comarcas do país para denunciar os recortes salariais e o conxunto de medidas impostas polo goberno para reducir o déficit público. As concentracións producíronse de forma simultánea en practicamente todos os lugares onde estaban convocadas, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Ao remate das mesmas, fixeron un chamamento a participar na folga convocada na área pública para o día 8 de xuño e alertaron de que sen mobilización, introduciranse medidas aínda máis duras.
Concentración diante dos edificios Administrativos da Xunta en Monelos, A Coruña.

Coa convocatoria de mobilizacións, explicou a Secretaria Nacional da CIG-Administración, María Carme López Santamariña, a central quere amosar a total repulsa ao decreto Lei aprobado a pasada semana no Pleno do Congreso. “Unha vez máis,  somos os empregados/as públicos a punta de lanza dunhas medidas destinadas a que sexa a clase traballadora a que pague unha crise que non provocamos”, denunciou.

“As medidas adoptadas polo goberno acrecentan a perda de poder adquisitivo, xa minguado na época de chamada bonanza económica, durante a que os/as traballadores/as da administración sufrimos numerosas conxelacións salariais, que viñeron a supor unha perda da nosa capacidade adquisitiva do 12%”, explicou.

López Santamariña advertiu que os recortes decretados polo goberno traerán tamén unha diminución drástica da administración pública. Neste senso, Santamariña lembrou que o Goberno acaba de aprobar unha taxa de reposición do 10%.  Isto significa que de cada 100 empregados/as públicos que se xubilen ou deixen os seus postos so se van cubrir 10 prazas. “Esta situación levará unha maior privatización e externalización dos servizos públicos. Servizos públicos que en tempos de crise teñen que estar máis defendidos e apoiados polos Estados”, aseverou.

Folga xeral

“As conxelacións das pensións, das taxas de reposición, o recorte da lei de dependencia, supoñen un novo ataque á parte social máis débil. Estas medidas son o principio, o anuncio do que nos vén enriba”. Fronte a isto, Santamariña reiterou o convite ás organizacións sindicais de cara a convocatoria dunha folga xeral como a única ferramenta para evitar novas agresións e a posta en marcha dunha reforma laboral que traerá máis precarización e unha merma dos dereitos da clase traballadora.

A Secretaria Nacional da Federación de Administración da CIG realizou tamén un chamamento a Xunta de Galiza para que “mire con lupa que é o que fai cos nosos salarios”, reclamando a busca de reaxustes alternativos que eviten unha redución “tan drástica” como a que se recolle no decreto-lei. “A Xunta ten moito onde facer recortes, dende a eliminación do plus de altos cargos, a supresión dos de gabinetes territoriais que contan con ducias de asesores, as campañas de propaganda na que se dilapidan millóns de euros ou a duplicidade da administración”.

De igual xeito, López Santamariña advertiu que as mobilizacións realizadas esta mañá supoñen un preludio á folga do día 8 de xuño, para a que a CIG chama a participar non só a todos os empregados/as públicos, senón ao conxunto da sociedade, “porque isto é unha petición de defensa dos servizos públicos con maiúsculas”.

CIG-Ensino exixe que non se apliquen os descontos no complemento específico

Pola súa banda, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, resaltou a gravidade da campaña de desprestixio á que foron sometidos os traballadores e traballadoras da administración con dous obxectivos, lexitimar estas medidas e dividir á clase traballadora. “Mesmo chegaron a difundir unha imaxe dos funcionarios/as como privilexiados, cando tamén nas administracións atopamos precariedade, eventualidade e salarios que non chegan aos mil euros”.

Louzao salientou que estes ataques non responden a “unha estratexia redistributiva da riqueza, co obxectivo de desviar estes fondos retraídos ao resto dos traballadores/as, senón que é o primeiro paso na dirección contraria, deteriorar as condicións laborais e as prestacións sociais”.

Alén diso, o secretario nacional salientou que a CIG-Ensino exixiu á consellaría de Educación que non aplique os descontos no complemento específico, sobre o que ten competencias a Xunta de Galiza e fixo un chamamento á participación na folga do día 8 porque “do seu seguimento depende que teñamos capacidade ou non de frear estas políticas regresivas e antisociais”.

Os recortes no sector sanitario provocarán peores servizos e deterioro da calidade asistencial

Desde a federación de Saúde denunciaron que o goberno do PP xa aplicou o recorte salarial ás traballadoras e traballadores do SERGAS desde o ano 2009 coa suspensión do acordo retributivo 2008-2012. Recorte que viu acompañado dun importante retroceso na sanidade pública galega tanto no eido laboral como no asistencial.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde sinala que “o argumento de que esta medida ía dirixida a solucionar a crise e a crear emprego, como mostra de solidariedade coas desempregadas/os traduciuse en que na Galiza, desde que goberna o PP, o desemprego incrementouse nun 44,6%”.

Abondando nos efectos que terán estes recortes, que veñen acompañados de políticas privatizadoras, desde a CIG-saúde salientan que o recorte salarial provocará perda de calidade na asistencia sanitaria; o recorte no desfrute dos permisos, perda da equidade e da accesibilidade; o recorte nas contratacións, un freo á mellora da Atención Primaria; os recortes no dereito á negociación, un incremento escandaloso das listas de espera cirúrxicas e de probas diagnósticas; a diminución do número de traballadores/as, ao non cubrirse as prazas xa orzamentadas, a introdución do financiamento e xestión privada que nos leve ao copago e a suspensión do acordo de xubilación, a privatización da Sanidade Pública, co que a sanidade deixará de ser un dereito e pasará a ser un negocio.

Galería

Poder ver máis imaxes das concentracións realizadas por todo o País pinchando aquí ou visitando a sección multimedia da nosa páxina.

cig.prensa@galizacig.com