Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 2/7/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Paro total nas principais empresas da pedra é mármore da provincia de Pontevedra na terceira xornada de folga

Os paros volverán repertirse os días 14, 16, 20 e 21 de xullo, ante o inmobilismo amosado pola patronal
A terceira xornada de folga nas empresas do sector da pedra e o mármore da provincia de Pontevedra volveron rexistrar un seguimento masivo nas principais industrias do ramo, situadas na zona de O Porriño, Ponteareas e Tui. Nesta ocasión, os traballadores e traballadoras tamén desenvolveron unha asemblea e posterior manifestación polas rúas do centro de O Porriño e solicitaron unha entrevista co alcalde do municipio para exporlle a situación laboral na que se atopan os obreiros.

As rúas de O Porriño foron na mañá do 2 de xullo o escenario no que os traballadores e as traballadoras das empresas da pedra e o mármore volveron facer visíbeis as súas reivindicacións. Ás 11:30 horas daba comezo a concentración-manifestación na praza do Concello para denunciar publicamente o reiterado incumprimento por parte das empresas do sector do convenio colectivo, así como as conxelacións salariais que, mediante a absorción das melloras existentes, se están a practicar por parte da patronal.

De igual xeito, os folguistas dirixíronse ao alcalde do Concello de O Porriño para solicitar unha entrevista, coa intención de expor de primeira man a situación laboral na que se atopan os traballadores dun sector que ten as súas principais industrias asentadas neste municipio pontevedrés. Pola súa banda, o rexedor local, que non se atopaba neses intres no Concello, accedeu a manter unha xuntanza cos representantes dos traballadores, que quedou adiada até o venres 3 de xullo.

Dende primeiras horas da mañá os traballadores fóranse concentrando ás portas das empresas coincidindo coa entrada das diferentes quendas, logrando un paro total nas principais industrias, maioritariamente representada pola Asociación Galega de Graniteiros, e un amplo seguimento nas empresas de menor tamaño.

Novas convocatorias de folga

Á vista da inmobilidade e intransixencia da patronal, e a súa insistencia en adiar temas de concreción urxente, traballadores e sindicatos acordaron convocar catro novas xornadas de folga na provincia para os días 14, 16, 21 e 22 de xullo.

 

Así mesmo, ao longo desta semana piquetes informativos acudirán as empresas, especialmente naquelas de menor tamaño, para explicar ao persoal a situación na que se atopan as negociacións cos empresarios e o contido das principais reivindicacións.

A CIG-Construción valorou como moi satisfactoria a resposta dada polos traballadores ante as convocatorias realizada até o de agora, polo que "estamos convencidos de que, coa unidade e vontade de loita demostradas as novas xornadas serán secundadas masivamente, co que esperamos que a patronal recapacite e se aveña a negociar as cuestións propostas".

Reunión por separado

 

O mércores 1 de xullo tiña lugar unha reunión das organizacións sindicais e a patronal do sector coa Inspección de Traballo para tentar chegar a unha solución neste conflito. Na reunión, que se desenvolveu por separado, non se produciu ningún avance, segundo indicou o responsábel da CIG-Construción de Vigo, Alberto Fernández Campo.

“O máis grave é que os empresarios se negan a recoñecer os niveis de toxicidade que se reflicten no informe elaborado polo ISSGA, e isto é moi mala sinal de cara a cumprir cos medidas de seguridade, garantir a saúde dos traballadores e recoñecer as enfermidades profesionais no sector”, sinala Fernández Campo.

Por parte dos sindicatos expúxose a postura a respecto dos puntos máis conflitivos:

- Respecto das condicións máis beneficiosas.

- Cumprimento do pactado no plus de fin de semana.

- Calendario para negociar as categorías.

- Elaboración dun estudo sobre as enfermidades profesionais.

- Concreción dos postos tóxicos penosos e perigosos segundo estabelece o convenio colectivo.

Non obstante, até o momento, segundo informou Alberto Fernández, non existe unha resposta concreta da patronal, polo que se ten decidido convocar catro novas xornadas de folga no sector.

cig.prensa@galizacig.com