Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 20/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración de delegados/as do Metal en solidariedade cos 13 do Metal na segunda xornada deste xuízo

Á tarde terá lugar unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio
Desde antes das dez da mañá centos de delegados e delegadas do Metal, na súa imensa maioría da CIG, acudiron até as portas do Xulgado para amosar de novo a súa solidariedade cos trece traballadores do Metal que están a ser xulgados pola súa participación nas mobilizacións durante a folga polo convenio no ano 2006. Nesta segunda xornada do xuízo foi o momento das declaracións dos Policias, que cairon en numerosas controversias nas súas testemuñas. Ademais ás 17 da tarde terá unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal, onde se avaliará a proposta realizada polos mediadores, que a CIG rexeita, xa que non variou en case nada desde xuño.

Ao longo de toda a mañá numerosos delegados do Metal da CIG estiveron na concentración que tivo lugar fronte ao Xulgado, en solidariedade cos 13 do Metal.

Declaracións contraditorias

Nesta segunda xornada declararon axentes antidisturbios da Policia Nacional, que participaron das brutais cargas que se produciron o 9 de maio do 2006, dos que unha grande maioría eran policias chegados de fora da comunidade autónoma galega, como se puido comprobar nas súas declaracións. Entre as distintas testemuñas policiais realizaron declaracións contraditorias, asi como acusacións contra os imputados, que se afastan moito do que aconteceu verdadeiramente nesa xornada de folga.

Críticas a CCOO e UGT

Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, salientou que "xa se pode mirar aqui que o 90% ou máis desta concentración de delegados do Metal é da CIG, e só hai algúns delegados de CCOO e UGT, nun número anecdótico, polo que parece que se deixou a súa sorte aos compañeiros que están a ser procesados estes tres dias".

"Nós aqui estamos para dar apoio e estar cos compañeiros e agardaremos a que remate o xuízo de hoxe e tamén estaremos aqui na xornada de mañá. Nós continuamos a pedir a libre absolución dos trece compañeiros", engadiu.

Negociación do convenio á tarde

Ás 17 da tarde terá lugar unha nova reunión da Mesa Negociadora do Convenio, na que se avaliará a última proposta realizada polos mediadores, e que non varía en case nada á proposta realizada xa no mes de xuño por estes mismos axentes de mediación.

Malvido sinalou que "desde a CIG acudiremos a esta reunión coa expectativa de que se poida modificar a proposta dos mediadores, porque nós cremos que hai que mellorar esa oferta, xa que é a mesma que habia en xuño, e agardamos que se modifique o actual texto porque non está garantido o aumento salarial no segundo e terceiro ano tal e como está redactado".

cig.prensa@galizacig.com