Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 20/10/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións do persoal laboral do Concello de Cariño

A central, que até agora non tiña representación, consegue e maioría da representación no Comité de empresa
A CIG acadou a maioría do Comité de Empresa do Concello de Cariño nas eleccións sindicais celebradas na mañá do mércores 19 de outubro, ao obter catro dos cinco delegados/as. Dende a CIG-Administración Pública de Ferrol amosáronse moi satisfeitos por estes resultados, xa que até este momento a central sindical non tiña representación no Concello de Cariño, ao estar en mans da UGT.

En canto aos resultados, a CIG acadou un/unha representante polo colexio de técnicos e tres polo de especialistas e non cualificados, mentres que o delegado/a restante conseguiuno a UGT.

Dende a CIG-Administración Pública de Ferrol amosáronse moi satisfeitos por estes resultados, xa que até este momento a central sindical non tiña representación no Concello de Cariño, ao estar en mans da UGT.

A Federación agradeceu a confianza depositada polos traballadores e traballadoras do concello nos seus/súas candidatos/as e no modelo sindical defendido pola Confederación Intersindical Galega.

cig.prensa@galizacig.com