Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 20/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
As traballadoras en folga ocuparon a Sala de Xuntas da Cámara de Comercio.
Cun xersei vermello, Ricardo Mirón, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, e sebtados no sofá da dereita, Diana Rodríguez e Marcos Cadórniga, da Executiva Comarcal da CIG Servizos.
A manifestación parou diante da empresa de limpeza Eulen, onde berraron contra os esquiroles.
Tamén a manifestación chegou ao cruce dos bancos, na rúa de Colón.

Ocupan a Cámara de Comercio en Pontevedra e continúan as mobilizacións polo centro de Vigo

A patronal non comparece nunha reunión convocada pola Xunta
Cuarta xornada de folga indefinida no sector da limpeza, que levou ás piquetes a realizar novas accións como a ocupación da sede da Cámara de Comercio en Pontevedra, ou a unha manifestación ao longo de toda a mañá en Vigo de perto de 400 traballadoras/es do sector polo centro da cidade. Na tarde do 20 de novembro había convocada unha reunión con Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais, mais a patronal non compareceu ao asegurar que non negocia con "vándalos".

Desde primeira hora da mañá volvíanse reunir os grupos de piquetes nas distintas zonas da provincia de Pontevedra para comezara cuarta xornada de folga indefinida no sector da limpeza de edificios e locais.

Ás dez da mañá saía da Praza do Concello de Vigo unha manifestación, cun grupo máis nutrido de folguistas, que percorrería todo o centro desta cidade, facendo pequenas paradas naquelas empresas ás que xa denunciaron diante da Inspección de Traballo por incumprir os servizos mínimos e vulnerar o dereito á folga.

A CEP, pechada

Un forte dispositivo de antidisturbios acompañou en todo momento a estas traballadoras, que se concentraron diante de Eulen, do Corte Inglés, do cruce dos catro bancos de Colón, fronte a dirección provincial do Sergas, e que finalmente chegaron de novo á Confederación de Empresarios de Pontevedra. Nesta sede empresarial, cos cánticos de "abre a porta Alvarito", encontrábanse de novo cun cordón policial e coas portas pechadas, polo que decidían encamiñar de novo os seus pasos até o centro, rematando a xornada da mañá na Porta do Sol.

Ocupación da sede da Cámara de Comercio en Pontevedra

Perto da unha da tarde, e despois de que nun día máis as piquetes de Pontevedra volveran visitar areas comerciais e outras zonas afectadas por esta folga, unhas 70 traballadoras e traballadores do sector da limpeza desta cidade ocupaban a sede da cámara de Comercio de Pontevedra.

Desta ocupación arrincaron o compromiso de Ricardo Mirón, presidente da Cámara de Comercio, de que ía pedir a patronal da limpeza que comezara dunha vez a negociación, e que a través dun comunicado de prensa ía facer público o posicionamento da Cámara de Comercio a prol da negociación e da solución deste conflito.

Unha hora despois o grupo de piquetes continuaba achegándose até outros centros da cidade afectados pola folga como a Deputación ou o campus universitario.

A patronal non comparece nunha reunión mediada pola Xunta

Ás 18 da tarde, en Compostela, estaba convocada a primeira xuntanza a instancias de Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais da Consellaria de Traballo. Os empresarios non compareceron pois aseguran que non negocian con "vándalos".

Máis imaxes

Podedes atopar máis imaxes desta xornada de folga e do resto de días na galeria fotográfica da nosa web.

cig.prensa@galizacig.com