Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 20/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Vigo acolle esta fin de semana unhas xornadas internacionais de economía social sobre vivenda e crédito

Presentaranse experiencias de Uruguai, Euskadi, Portugal, Galiza, Italia e Cataluña
Relatores de varios países participan nunhas xornadas organizadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Federación de Cooperativas SINERXIA, coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e da FESGA, que teñen como finalidade achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.
Manuel Mera, secretario confederal de Formación e Comunicación da CIG, xunto a Miguel Quinteiro, vicepresidente da Federación de Cooperativas Sinerxia.

Relatores de varios países participan nunhas xornadas organizadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Federación de Cooperativas SINERXIA, coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e da FESGA, que teñen como finalidade achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.

As xornadas celebraranse os vindeiros venres 21 e sábado 22 de novembro, no Hotel Tryp - Los Galeones, da cidade de Vigo.

Para SINERXIA e a CIG estas xornadas constitúen unha oportunidade de dar a coñecer os valores do cooperativismo e a súa contribución á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Tamén son unha boa oportunidade de compartir experiencias e reflexións co movemento sindical, con técnicas e responsábeis municipais de áreas de desenvolvemento local e urbanismo, centros de ensino, tecido asociativo e con todas aquelas persoas interesadas na economía social. A tal efecto, a sesión do sábado estruturarase en dúas mesas de traballo e debate arredor da vivenda e o crédito.

As xornadas serán unha mostra de experiencias cooperativas de diferentes países do mundo: Uruguai, Euskadi, Portugal, Galiza, Italia e Cataluña, co obxecto de por en valor diferentes experiencias, abordar as súas dificultades, as formas de saír delas, e o que o movemento cooperativo significa en canto á súa identidade común.

O acto de apertura, que terá lugar ás 9:30h do venres 21 contará coas intervencións de Ana Lorenzo (da Federación. de Cooperativas Sinerxia), Xesús Seixo (Secretario Xeral da CIG) e Teresa Táboas (Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia).

Aberta a inscrición

Continúa aberta a inscrición para participar nas xornadas. Para solicitala tan só é preciso cubrir este FORMULARIO. A participación nas xornadas é totalmente gratuíta.

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO DAS XORNADAS

cig.prensa@galizacig.com