Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 20/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
De esquerda á dereita, Serxio Fontanes, secretario comarcal de Negociación Colectiva da CIG-Metal de Vigo, Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Manuel Simón, da Executiva Comarcal da CIG-Metal, e Henrique Pérez, coordenador comarcal da CIG-Metal de Vigo.

A asemblea de parados do naval reúnese no local da CIG en Vigo para organizar mobilizacións na defensa do traballo no sector

Analizaron a problemática da situación da falta de regulación da contratación no sector
Ás seis da tarde comezaban chegar un importante grupo de parados do sector naval que a través dunha convocatoria que a CIG realizou con carteis nos estaleiros e a través dos contactos da central sindical, xuntaba nesta primeira convocatoria a parados do sector naval para analizar a situación na que se encontra a contratación e estudar mobilizacións de cara a presionar para que se regule a contratación.

A asemblea de desempregados e desempregadas do naval comezou a súa andaina na tarde do xoves 19 de novembro nos locais da CIG de Vigo.

Apoio da CIG

Este primeiro encontro foi convocado pola CIG, que pretende asi axudar aos desempregados a teren unha ferramenta de autoorganización para defender os seus postos de traballo no sector. Ademais a CIG ofrece o seu apoio e os dos seus delegados e delegadas nas mobilizacións que decidan convocar desde esta asemblea de desempregados do sector naval.

A necesidade da regulación

Asi, abordouse a situación da contratación do sector e da bolsa de contratación, onde hai máis de 450 persoas anotadas, con experiencia no sector, que non están a ser chamados para novas contratación. Ademais tense constancia dun importante número de contratos, en aluvión, a través de empresas intermediarias que contratan a persoal de fora sen condicións nin garantias mínimas, que están reguladas polo convenio e que están a ser incumpridas sistematicamente.

Fixouse como prioridade que se regule que a contratación se ten que dar a través dos dous dispositivos actuais que existen: o INEM e a bolsa de contratación, e que só estes dous circuitos poderán ser válidos.

Os desempregados intercambiaron asi experiencias sobre o dificil que se tornou a incorporación da xente que queda no paro, e a grande velocidade que está a ter a precarización e substituizón de traballadores no mercado laboral do naval.

Mobilizacións

A asemblea de desempregados do naval decidiu comezar mobilizacións para facerse ver como colectivo numeroso que son diante dos estaleiros, con concentracións cada semana, "porque os que ese dia nos concentremos ás portas dun estaleiro temos que facer ver aos nosos compañeiros que os próximos poden ser eles, e que temos que loitar traballadores en activo e traballadores no paro para defender os nosos postos de traballo".

 

cig.prensa@galizacig.com