Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 20/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Aberto o prazo para solicitar estadías de tempo libre para mulleres con responsabilidades familiares non compartidas

Dirixidas a mulleres con fillos/as ao seu cargo de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo para apuntarse ás estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 16 de maio.

Estas estadías teñen como obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Este ano, a Secretaría Xeral da Igualdade oferta 95 prazas destinadas ás mulleres con fillos/as ao seu cargo, de idades comprendidas entre 2 e 12 anos.

As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e irán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Máis información na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

cig.prensa@galizacig.com