Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 20/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Conferencia do economista Jorge Beinstein na CIG de Ferrol

Activista de esquerdas, é membro da dirección do Movemento Continental Bolivariano
A CIG de Ferrol organiza, o vindeiro luns día 23 de abril, ás 19:00 horas, na súa sede de Ferrol, unha conferencia a cargo do economista arxentino Jorge Beinstein, recoñecido representante da chamada “economía crítica” ou “heterodoxa” por oposición aos posicionamentos defendidos pola corrente “ortodoxa” neoliberal.

Jorge Beinstein naceu en Bos Aires en 1943 e é doutor pola Universidade Franche comité-Besançon ademais de especialista en economía prospectiva. Durante varios anos, foi director da cátedra de Economía da universidade da Plata.

Activista de esquerdas, actualmente é membro da dirección do Movemento Continental Bolivariano.

cig.prensa@galizacig.com