Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 20/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Queremos Galego considera que a Xunta actúa “con prepotencia” na súa “imposición unilateral do decretazo contra o galego”

Núñez Feijóo desoe a miles de persoas, organizacións sociais, institucións e mesmo ao Consello Consultivo
A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 700 diversas entidades que teñen como nexo común a defensa da lingua propia de Galiza, rexeita o “decretazo contra o galego” que volveu presentar esta mañá o presidente da Xunta “con só unha pequeniña nova capa de maquillaxe”.

O movemento cívico lamenta que Alberto Núñez Feijóo “se manteña na súa prepotencia, sen escoitar o clamor social contra a súa política galegófoba”. “Debería escoitar os sindicatos, as asociacións de nais e pais, as organizacións estudantís, o Consello da Cultura, a Real Academia Galega e o Consello Consultivo”, subliñan, pois “esta política de ataques contra o galego e de confrontación social non pode levar a nada bo para ninguén”.

Desde Queremos Galego sinalan que as liñas xerais sinaladas polo presidente da Xunta para o decretazo “conculcan a Constitución, o Estatuto, a Carta europea das linguas e a Lei de normalización lingüística”. “Se alguén o dubida, só ten que ler o informe elaborado polo Consello Consultivo, que desautoriza punto por punto todos os piares do decretazo contra o galego”, observan.

Como exemplo, na plataforma citan un fragmento do relatorio xurídico onde o Consultivo lembra que “a acción normalizadora da lingua propia ten que implicar, necesariamente, a adopción de accións e medidas de apoio singularizado ou reforzado para garantir a subsistencia e desenvolvemento desta lingua”, algo do que “carece totalmente o decretazo contra o galego”.

cig.prensa@galizacig.com