Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 20/8/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O dono de Armarios Alonso négase a negociar, mesmo coa proposta de mediación da Delegación da Xunta en Pontevedra

Os traballadores levan sen cobrar case cinco meses e coas portas pechadas da empresa desde hai semanas
A CIG-Construción de Pontevedra denunciou que o dono da empresa Armarios Alonso de Sanxenxo rexeitou a proposta do delegado territorial da Xunta en Pontevedra para manter un encontro cos traballadores e coa presenza da administración autonómica como mediadora.
Xaquín Agulla (no centro) acompañado polos delegados da CIG en Armarios Alonso, durante unha comparencia de prensa.

Os traballadores de Armarios Alonso levan case cinco meses sen cobrar e a empresa manten pechadas as portas da empresa desde hai semanas, polo que os traballadores acuden diariamente ao seu posto de traballo á espera de que xudicialmente se lles dea unha solución.

"Non se quere sentar a negociar"

Xaquín Agulla, secretario comarcal de Pontevedra da CIG-Construción,  subliñou que "parece ser que o empresario tamén se lle resiste á Xunta e rexeitou mesmo a petición del delegado para sentarse a negociar" e esta nova situación, explica Agulla, que "pon en entredito incluso a propia autoridade do delegado territorial".

Peche total da empresa

O secretario comarcal da CIG-Construción de Pontevedra manifestou que "a actitude deste empresario non é nin respeitábel nin lóxica nin legal" e critica que o peche da empresa xa non sexa "patronal como semellaba ao principio senón total, xa que mesmo fixo caso omiso da exixencia da Xunta de abrir as portas desta firma".

cig.prensa@galizacig.com