Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 20/8/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Alcoa rescindirá, a partir do 31 de agosto, o contrato con Masa Galicia S.A

Adxudica a outra auxiliar o servizo de mantemento mecánico do Departamento de Dixestión en Alúmina
O venres pasado, MASA Galicia SA, comunicou aos seus traballadores e aos representantes destes, que ALCOA rescindira o contrato que tiñan para o Mantemento en Dixestión, que a partir do 31 de agosto de 2012 será asumido por outra auxiliar da que oficialmente non se deu o nome.

 A maioría dos traballadores que actualmente prestan os seus servizos para MASA, hai 4 anos foran subrogados por esta ao prestar servizos no Departamento de Dixestión que anteriormente levaba REYMOGASA.

Aínda que oficialmente os delegados de persoal non teñen coñecemento da empresa a quen se lle adxudicou o Mantemento deste departamento, en todo caso entenden que ten que haber o mesmo tratamento que houbo hai 4 anos, sexa con REYMOGASA, ou calquera outra, incluída ALCOA, que terá que informar da adxudicataria da obra.

Esta semana agardan ter máis información e que se estabelezan os contactos pertinentes con quen corresponda cara a regularizar a situación. Do contrario adiantan que se verían obrigados a iniciar as mobilizacións que o persoal decida.

cig.prensa@galizacig.com