Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 20/8/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as de Bioetanol Galicia marchan desde a fábrica ate a praza do concello de Teixeiro

Demandan a readmisión dos despedidos e a negociación dos traslados
As traballadoras e traballadores de Bioetanol Galicia S.A, secundaron hoxe a folga de 24 horas, cun amplo seguimento do conxunto do cadro de persoal, xa que tan só traballaron os servizos mínimos. A esta xornada de folga sumáronse a totalidade das compañías auxiliares para reclamar conxuntamente a readmisión dos catro compañeiros despedidos e a negociación dos traslados que a empresa pretende impor co desprazamento de traballadores/as de administración a Sevilla.

Ás 11,30 horas iniciábase a marcha a pé desde a fábrica, no Polígono Industrial de Teixeiro até a Praza do Concello de Teixeiro. Unha mobilización que contou con apoio e a solidariedade dos  veciños e veciñas que se sumaron ás mobilizacións.

Así, máis de cento cincuenta persoas remataron na praza do Concello exixindo á Dirección de Bioetanol Galicia a inmediata readmisión dos despedidos. O Presidente do Comité de Empresa pechou o acto agradecendo a participación de todos e todas en defensa dos postos de traballo en Bioetanol Galicia.

O pasado luns celebrouse unha reunión entre a Dirección e o Comité na que a empresa mantivo a súa decisión de non readmitir aos compañeiros despedidos, nin aceptou outras saídas menos traumáticas para os traballadores.

cig.prensa@galizacig.com