Diante deste situación, a CIG requiriulle á Dirección médica que se deran explicacións de por que un servizo renovado e ampliado entre o 2007 e o 2008 permanece pechado durante tres meses, sobrecargando o servizo de Esterilización do Hospital Meixoeiro co material cirúrxico do Hospital Xeral, e xerando así suspensión de intervencións en ambos os dous hospitais. De feito, o descontrol é tal, que mesmo hai doentes que recibiron a comunicación da suspensión da intervención “cando xa estaban dentro do quirófano”.
A Dirección Médica, explican María Xosé Rodríguez e Antonio Iglesias, da CIG-Saúde de Vigo, xustificou o peche deste servizo por “precaución”, aínda que sen explicar que circunstancias motivaron tal cautela.
Dende a CIG-Saúde solicitan á Xerencia:
1.- Que non estrague os recursos sanitarios que están para atender á poboación.
2.- Que garanta as condicións de seguridade e saúde nas intervencións que se realizan no CHUVI.
3.- Que explique que pasa no servizo de Esterilización e por que se están a suspender intervencións cirúrxicas cando o paciente xa está no quirófano.
“CIG-Saúde continúa denunciando que a saúde non é un negocio e que “nos parece totalmente indigno o trato que se lle está a dar á poboación”.