Ao tempo, a CIG-Ensino entende que esta mobilización é un rexeitamento claro á actitude “sectaria e antigalega” do presidente e do conselleiro que non dubidaron en pór impedimentos para o libre exercicio do paro e da folga, mesmo enviando comunicacións aos ensinantes impropias dunha administración. Comunicados que Louzao cualifica de “parciais e partidistas”, e que tiñan como obxectivo “convencer ao profesorado de non ir á folga”.
A CIG-Ensino considera que malia esta campaña, orquestrada polo PP desde o goberno da Xunta, o éxito da folga constata o seu rotundo fracaso.