Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 21/1/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Protesta ás portas do xulgado en apoio a dous compañeiros e contra a criminalización do movemento obreiro

Organizada pola CIG-Mocidade da comarca de Ferrol
A CIG-Mocidade desenvolveu na mañá deste venres unha concentración de apoio a dous compañeiros da central, acusados de supostos desordes públicos durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro. A protesta, coa que tamén se quería denunciar a persecución do movemento obreiro, realizouse ás portas do xulgado de Ferrol onde ía ter lugar a comparecencia.

Con esta acción, a CIG-Mocidade quixo trasladar o apoio e solidariedade a estes dous compañeiros, pero tamén denunciar a criminalización do movemento obreiro “que loita por defender os nosos intereses fronte ás agresións que estamos a sufrir por parte dos gobernos ao servizo do capital. Queremos denunciar un sistema no que mentres medran os escravistas, xulgan aos sindicalistas”.

A concentración tivo lugar coincidindo co día no que os dous acusados tiñan que prestar declaración pola súa suposta implicación en desordes públicos acontecidos durante a exitosa xornada de folga de pasado 29 de setembro.

cig.prensa@galizacig.com