Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 21/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-A Mariña presenta na comarca a campaña da Secretaría da Muller polo 25 de Novembro

“Loitando polo respecto entre homes e mulleres”
A Secretaría Comarcal da Muller da CIG da Mariña presentou publicamente na bisbarra a campaña do sindicato con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o lema elixido é “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”.
De esquerda a dereita: Dores Fernández Abel, Amara Méndez Alonso e Leticia Maseda Fernández.

A campaña foi presentada en Ribadeo o 21 de novembro nunha rolda de prensa na que participaron as integrantes da Secretaría Comarcal da Muller Dores Fernández Abel, Amara Méndez Alonso e Leticia Maseda Fernández.

Comunicado da Secretaría Comarcal da Muller da Mariña:

Un ano máis, dende a Secretaría da Muller da Confederación Intersindical Galega seguimos a reivindicar a fin da violencia cara as mulleres, un ano máis os datos son aterradores. No que vai de ano 60 mulleres foron asasinadas polos seus compañeiros ou excompañeiros no Estado Español e 3 en Galiza.

A campaña deste ano a cal se desenvolverá en tódalas comarcas do país, ten como lema

“LOITANDO POLO RESPECTO ENTRE HOMES E MULLERES”, xa que mentres continúe a violencia contra as mulleres non podemos falar de nin de respecto nin de igualdade entre homes e mulleres.

A violencia de xénero non sempre é doada de recoñecer no noso contexto sociocultural xa que frecuentemente está invisibilizada, naturalizada ou lexitimada, xa moitas das veces inténtase explicar coma un produto de factores externos (alcohol, ciúmes, drogas…) ou dalgún tipo de patoloxía psicótica.

Na nosa sociedade aínda están latentes toda unha serie de prexuízos en torno á violencia machista, condenando xa de antemán ás mulleres e xustificando aos homes e xerando e perpetuando a tolerancia social ante actitudes violentas.

Polo que dende a Confederación Intersindical Galega propomos que desde a EDUCACIÓN podemos e debemos contribuír a ese cambio de mentalidades e actitudes.

COEDUCANDO XA QUE ESTA É UNHA FERRAMENTA IMPRECINDIBEL E NECESARIA PARA DESENVOLVER TODAS AS CAPACIDADES DAS PERSOAS,E ACADAR UNHAS RELACIÓNS DE IGUALDADE REALE PLENA NA SOCIADADE.

A TRAVÉS DAS ACCIONS FORMATIVAS: A NOSA CENTRAL SINDICAL DEBE INCLUIR EN TODALAS ACCIONS FORMATIVAS MODULOS ONDE SE TRATEN CONTIDOS E IDEAS CLAVE PARA PODER SITUAR E ATENDER NO TRABALLO UNHA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO.

Nova relacionada

cig.prensa@galizacig.com