Mércores 19 de decembro, xoves 20 e venres 21 son as datas de tres concentracións dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado contra a perda de poder adquisitivo, nunha convocatoria realizada pola Federación da Administración Pública da CIG.
Os orzamentos do Estado recollen un incremento retributivo para os anos 2007 e 2008 dun 3% que, con carácter xeral, aplicarase a todo o persoal das distintas administracións públicas (estatal, autonómicas e locais). Así mesmo, permítese ás distintas administracións complementar estes incrementos cos acordos que en cada ámbito se pacten.
No caso da Administración xeral do Estado, durante o mes de novembro de 2007 acadáronse acordos de incrementos retributivos complementarios, consistentes en:
1. Establecemento dun sistema de Carreira Profesional para o persoal da Axencia Estatal Tributaria.
2. Reparto dun 0,3% adicional, destinado a incrementar as retribucións complementarias de determinados colectivos.
Segundo o rexistro de persoal, dependen da Administración xeral do Estado un total de 230.000 empregados/as, e o número de postos de traballo afectados polos incrementos retributivos selectivos alcanza un total de 40.000, polo que os salarios dos restantes 190.000 funcionarios/as (máis do 75% do persoal) quedan afectados unicamente polo incremento xeral (3%).
|
Afectados por acordos de incrementos selectivos |
Total empregados AGE |
Persoal que perde poder adquisitivo |
||
|
Axencia Tributaria |
Fondos 0,3 |
Total |
||
|
27.000 |
13.000 |
40.000 |
230.000 |
190.000 |
Isto sucede nun momento no que, segundo declaracións do ministro de Economía “os orzamentos para 2008 culminan a lexislatura cos mellores resultados económicos da democracia; o Estado rexistrou até outubro un superávit de 28.218 millóns de euros, o 2,68% do PIB”.
A pesares das promesas feitas por Zapatero durante a campaña electoral ao respecto de recuperar o poder adquisitivo na función pública, os traballadores da Administración denuncian “como na actual lexislatura os incrementos retributivos incluídos nos orzamentos sitúanse un punto porcentual por baixo do alza do IPC”.
| Ano |
% de incremento retributivo |
IPC |
Diferenza |
|||
|
Xeral |
Pagas extra |
Fondos AGE |
Total |
|||
| 2004 |
2 |
0,7 |
0,3 |
3 |
3,5 |
-0,5 |
| 2005 |
2 |
0,7 |
0,3 |
3 |
3,4 |
-0,4 |
| 2006 |
2 |
1 |
0,3 |
3,3 |
2,6 |
+0,7 |
| 2007 |
2 |
1 |
0,3 |
3,3 |
4,1 |
-0,8 |
| Totais |
8 |
3,4 |
1,2 |
12,6 |
13,6 |
-1,0 |
Neste contexto, os funcionarios/as da Administración xeral do Estado iniciaron un proceso de mobilizacións, que comezaron con concentracións diante da Delegación e Subdelegacións do Goberno na terceira semana de decembro. O lema destas mobilizacións foi “Acordos pata todos/as”, co que “pretendemos demandar o establecemento dun sistema de carreira administrativa para todo o persoal da Administración xeral do Estado, a extensión dos acordos de reparto de fondos adicionais a todo este persoal e o establecemento de medidas que compensen a perda de poder adquisitivo”.