Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 21/12/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova protesta dos traballadores en folga de Termavi na Autoridade Portuaria, que continúa impedindo o acceso á empresa

O persoal reclama que se restabeleza o subministro eléctrico e se permita levar auga aos compañeiros pechados nos guindastres
Os traballadores de Termavi continuaban esta mañá a folga indefinida iniciada a pasada semana para reclamar a readmisión de nove compañeiros despedidos cunha nova concentración nos edificios da Autoridade Portuaria, xa que é este organismo quen impide aos folguistas achegarse ás instalacións da empresa e aos compañeiros que continúan en folga de fame no alto dos guindastres. Dende a CIG critícase a pasividade das administracións na resolución deste conflito e demándase unha maior implicación tanto da Inspección de Traballo como da Xunta e a Subdelegación do Goberno.

Os traballadores de Termavi retomaban na mañá do luns as protestas que están a desenvolver coincidindo coa folga indefinida en demanda da readmisión de nove compañeiros despedidos. Así, levaron a cabo unha concentración diante da Autoridade Portuaria para denunciar as medidas adoptadas pola entidade neste conflito e criticar que as administracións estean a “pasarse o balóns” sen achegar solucións reais.

Os representantes do persoal tamén mantiveron unha xuntanza co Xefe da Inspección de Traballo, Xesús Casas de Ron, quen se comprometera o pasado venres a ter preparado para esta mañá o informe de resolución sobre a vulneración ao dereito a folga en Termavi. Non obstante, segundo explicou Suso García, da FGAMT-CIG, dito informe aínda non está preparado, a pesar de que a Inspección é coñecedora dende o primeiro día da subcontratación de empresas para facer o traballo dos operarios de Termavi en folga.

Pasividade das administracións

García criticou a actitude de total pasividade e mesmo obstrución ao exercicio dos dereitos fundamentais dos traballadores que se está a pór en práctica dende as administracións. Neste senso, lamentou a desidia da delegación territorial da Xunta e da Subdelegación do Goberno quen se nega a mediar ante a empresa para, cando menos,  se restabeleza o subministro eléctrico nos guindastres onde catro operarios permanecen en folga de fame e se permita levarlles auga.

Imposibilidade de acceder ás instalacións da empresa

Os traballadores/as en folga de Termavi continúan sen poder acceder até os seus postos de traballo se non aparecen na lista de servizos mínimos. Situación pola que acudiron o pasado venres aos Xulgados denunciar á Autoridade Portuaria pola vulneración á liberdade sindical e ao dereito á folga que isto supón.

Novas mobilizacións

Na xornada do martes, os traballadores continuarán coas mobilizacións. Desta volta na Autoridade Portuaria novamente, onde terá lugar a reunión do Consello de Administración deste organismo, “que ten moito que dicir neste conflito”.

cig.prensa@galizacig.com