Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 21/12/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal de Emersan Galicia cumpre unha semana en folga coa única certeza de que non vai cobrar a paga extraordinaria

Á espera de que a empresa de ambulancias acorde sentar a negociar
Os traballadores e traballadoras de Emersan Galicia, empresa que realiza o transporte sanitario para o Hospital Arquitecto Marcide, cumpre este martes unha semana en folga, á espera de que a dirección se preste a abrir unha vía de diálogo coa parte social. Non obstante, o persoal si constatou que a empresa decidiu aplicar a rebaixa salarial do 10% e non vai abonar a paga extraordinaria de decembro.

O persoal quere denunciar coa folga, que ten carácter indefinido, a política de represión practicada pola empresa e que mesmo o ten levado a despedir a un dos traballadores, así como os reiterados incumprimentos en materia de prevención, a falta de acondicionamento das ambulancias ou os incumprimentos das condicións da contrata co Sergas.

A pesar desta semana de paro, dende Emersan Galicia non tiveron a ben posibilitar unha vía para atopar unha saída dialogada ao conflito. O que si teñen claro os traballadores/as é que alén destas cuestións, aos motivos da convocatoria de folga terán que sumar agora a falta de abonamento da paga extraordinaria de decembro, xa que a empresa decidiu aplicar a rebaixa salarial do 10% anunciada hai unhas semanas pola patronal do sector.

Por este motivo, está convocada para o mércores 22 de decembro unha concentración de apoio aos traballadores/as e contra a decisión da empresa de recortar os salarios do persoal. A protesta desenvolverase, a partir das 11:00 horas, diante do Hospital Arquitecto Marcide.

cig.prensa@galizacig.com