O obxectivo de
todas as accións e mobilizacións levadas a cabo pola CiG-Ensino e polo
profesorado afectado é o de mudar este decreto porque se fundamenta nunha
visión centralista e confesional do sistema educativo, impedindo un
desenvolvemento curricular propio. Por iso, reclaman:
- O incremento dunha
hora na carga lectiva prevista pola Consellaría nas materias de Filosofía e
Cidadanía e Historia, mantendo así a distribución horaria que ten na
actualidade. A proposta resúmesena demanda de:
- un ensino
laico, que a materia de relixión estea fóra do horario lectivo ordinario dos
centros.
- que
todos os centros que dispensen ensinanzas de Bacharelato deben impartir, como
mínimo, dúas modalidade e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia
propia da súa modalidade.
- que todos os centros
que impartan a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía terán que
ofertar todas as materias propias da súa modalidade, incluídas Electrotecnia e
Tecnoloxía Industrial I e II.
- que todos os centros
ofertarán como optativa Música, tanto en primeiro curso como en segundo,
podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben incluírse
como optativas de oferta obrigatoria nos centros as materias de Historia e
Xeografía de Galiza, Historia da Música e unha materia optativa vinculada á
Educación Física.
- a
dotación suficiente de profesorado en todos os centros para que o alumnado que
non ten que repetir curso completo, non comporte incrementar o número de
alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as.
Filosofía ou barbarie
Mediada a
concentración, alumnos e profesores de Filosofía chegaron en manifestación a San
Caetano. Ademais de denunciar a actitude da conselleira, exixiron un ensino
laico e demandaron máis filosofía nos centros.
Pero esa demanda
non só a fixeron coreando consignas. Rapaces e rapazas quitaron as camisetas.
No corpo levaban gravada, cada un, unha letra. No conxunto podíase ler
claramente “Filosofía ou barbarie”. Esa é a súa demanda e esa é tamén a súa
advertencia.