A empresa, que solicitou as dependencias da administración pública para manter o encontros, alega causas económicas para executar un expediente de extinción que afectaría á totalidade do cadro de persoal, que suma 22 empregados/as.
De levarse adiante a medida, o persoal, que nestes momentos xa se ten vixente unha suspensión de emprego temporal, quedará na rúa cunha indemnización de 20 días por ano traballado, xa que a empresa se nega a mellorar os mínimos marcados pola actual normativa laboral.
Neste senso, cómpre subliñar que a empresa ten contraídas débedas salariais cos traballadores/as, que teñen pendentes de cobrar dúas mensualidades e parte das pagas extraordinarias. Así mesmo, o persoal sospeita que unha vez liquidada Talleres Carral, os propietarios volvan abrir a empresa con outro nome e noutra localización, xa que teñen patentes rendíbeis.
Nos últimos anos Talleres Carral, baixo a escusa das perdas económicas, estivo recortando o seu cadro de persoal até quedar con só 22 operarios. De feito, este é o segundo ERE extintivo que presenta e xa aplicou dous EREs temporais.