Así mesmo, os representantes dos traballadores/as entrevistáronse coa alcaldesa de Mos e co resto do equipo de Goberno para abordar a problemática laboral derivada do peche da empresa dedicada á fabricación de adhesivos.
A rexedora, Nidia Arévalo, amosoulles o seu rexeitamento á decisión da compañía e adiantou que convocará os tres grupos políticos municipais para consensuar unha moción de apoio aos traballadores/as e para reclamar o mantemento de todos os empregos nas intalacións de Mos.