A protesta forma parte do calendario de mobilizacións da central nacionalista, que até o de agora incluían concentracións todos os xoves. A marcha partiu arredor das 10.30 horas do estaleiro Barreras e percorreu Beiramar até Bouzas, onde por espazo de 15 minutos interrompeuse a circulación na rotonda de acceso á Zona Franca. Pasadas as 12.00 horas regresaban a Barreras.
Ao remate da mobilización os traballadores/as incidiron na necesidade de retomar as concentracións semanais e recuperar a presenza na rúa para facer visíbel o conflito laboral. Ao mesmo tempo, adiantaron que participarán activamente na paro de media xornada convocado pola CIG na comarca de Ferrol para o vindeiro día 28.