Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 21/9/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

As organizacións sindicais piden o cese do Conselleiro de Educación e do Director da CRTVG por mentir na información da folga

Consideran que a manipulación informativa da TVG foi “aínda máis exaxerada do que xa estamos habituados”
As organizacións convocantes da folga que se levou a cabo en todo o ensino non universitario de Galiza e da manifestación que percorreu as rúas de Compostela na mañá do día 21 de setembro esiximos a dimensión do Conselleiro de Educación por ser impropio dun cargo do goberno continuar instalado na mentira e ofrecer á opinión pública datos falsos do seguimento da folga no ensino na Galiza. Súmase este feito ao desprestixio permanente ao que somete ao profesorado e aos recortes constantes no ensino público que conduciron ao maioritario seguimento da folga no día de hoxe.

Ao mesmo tempo demandamos o inmediato cese do Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, debido á burda manipulación -aínda máis esaxerada do que xa estamos habituados- no tratamento desta información no Telexornal das 14.30 horas.

Á marxe de que se relegou a un posto secundario no sumario de entrada, a TVG fixo protagonista da noticia aos que non secundaron a folga e emitiron opinións contrarias a súa realización, cando supón unha minoría no ensino público.

Consideramos inaceptábel que un medio público que pagamos todos os galegos e galegas en lugar de ofrecer unha información veraz e obxectiva realice un uso con fins partidarios, terxiversando a realidade dos feitos, falseando e ocultando a mesma, co obxectivo de que os galegos e galegas descoñezan as motivacións polas que o profesorado secundou a folga, a súa incidencia real e a verdadeira dimensión da manifestación.

cig.prensa@galizacig.com