A protesta desenvolveuse fronte ao consitorio entre as 11.00 e as 12.30 horas, onde os delegados/as sindicais despregaron no lugar unha faixa reclamando un novo convenio colectivo. Neste senso, lembraron que tras once xuntanzas a dirección négase á subida salarial do 1% (uns 400 euros anuais lineais para cada traballador/as) “e só aceptaría introducir no acordo melloras sociais que non supoñan un incremento da masa salarial”.
Os representantes da CIG no comité de empresa indicaron que este último extremo “é imposíbel” xa que incluír, por exemplo, un descanso máis ou modificar o sistema de vacacións “traduciríase nu8n aumento do gasto en persoal”. Dende a central nacionalista indicaron tamén que os traballadores/as pretenden modificar o sistema de vacacións, para o que lle trasladaron dúas propostas á compañía que foron rexeitadas.