Dez traballadores da empresa de Construcións e Decoracións Aballe, que conta con centros de traballo en Tui e Guillarei, levaban desde outubro sen recibir o seu salario, e no mes de decembro foron despedidos.
A empresa recoñeceu o despedimento improcedente, pero cando tiña que facer efectiva legalmente a cuantia das indemnizacións, esta empresa construtora, através dunha avogada como representante legal, alegou "non ter fondos para facer fronte a estas débedas".
Despedidos sen indemnizacións
Os traballadores afectados queren denunciar a grave situación pola que están a pasar "sen salario desde o mes de outubro e despedidos sen percibir ningún tipo de dereito a nada".