Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 22/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O sábado 23 de xaneiro celébrase o V Congreso nacional da CIG-Construción co lema “Un sindicato forte para outro modelo social"

Será no Porriño desde as 10.30 da mañá
A Federación da Construción da CIG celebrará este sábado 23 de xaneiro desde as 10.30 da mañá o seu V Congreso nacional, baixo o lema “Un sindicato forte para outro modelo social”. Terá lugar en O Porriño, e deste encontro participarán 100 delegados e delegadas chegados de todo o país.Este encontro desenvolverase concretamente no Salón de Actos do Restaurante Manolo, na rúa Antonio Palacios 101.

Este V Congreso comezará na mañá do sábado na sesión de apertura coa intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

Despois desta intervención debaterase o informe da Executiva da Federación do traballo realizado nos últimos catro anos. Tamén serán debatidos a ponencia de estatutos e a ponencia base de acción sindical.

Eleccións para os organismos

Ás 14 da tarde está prevista que se escolla o novo secretario nacional, asi como a Executiva da Federación, composta por 9 persoas, e as 7 persoas que representarán á Construción no Consello Confederal da CIG.

Na sesión de clausura, ás 14.30, intervirá o secretario da Unión Local do Porriño, Salustiano Guerra, ademais do secretario nacional elixido neste proceso.

Obxectivo: consalidar o proxecto

Xoán Xosé Melón, secretario nacional da CIG-Construción, subliña que esta cita congresual "ten que servir para consolidar o proxecto dentro da federación de traballo moi positivo realizado nos últimos catro anos, tanto na cuestión do incremento de afiliación como no incremento da representatividade nas eleccións sindicais".

Melón lembrou que a Construción é un dos sectores máis afectados pola crise, "polo que estamos nunha situación nova e cambiante, que analizaremos neste V Congreso, para resolver da maneira máis positiva para os intereses da clase traballadora".

cig.prensa@galizacig.com