Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 22/12/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG Mocidade de Vigo leva a súa campaña contra o consumismo e a explotación até El Corte Inglés

Nova concentración o domingo 20 polo consumo responsábel e contra a precariedade
A CIG-Mocidade de Vigo continúa coa súa campaña neste nadal contra a precariedade laboral e o consumismo voraz nestas datas do mes de decembro, que o domingo 20 de decembro levou ao colectivo de mozos e mozas até as portas de El Corte Inglés, na céntrica rúa da Gran Vía da cidade olívica.

Diante dunha numerosa presenza de consumidores e consumidoras que se achegaban até as portas desta área comercial as rapazas e rapaces da CIG-Mocidade repartiron 1.200 follas informativas, nas que facían un chamamento a non mercar en domingos nin festivos, así como falaron ás portas deste centro coas persoas que alí ían para dar a coñecer as condicións precarias de contratación do persoal que tiña que traballar nestas datas, así como  da necesidade de consumir con responsabilidade.

Video da acción

Como na ocasión anterior, na primeira concentración que tivo lugar no Centro Comercial Gran Vía, tamén podedes visualizar un resumo desta concentración na seguinte ligazón.

Última concentración da campaña: 3 de xaneiro no Alcampo de Coia

O próximo 3 de xaneiro, outro domingo máis, a CIG-Mocidade de Vigo terá a última concentración desta campaña, que será no Alcampo de Coia, de 17.30 a 19.30, baixo o lema, de novo, "Racha co consumismo, tamén é explotación laboral".  

cig.prensa@galizacig.com