Acaba de se confirmar en Copenhague que o capitalismo é incapaz de resolver os problemas estructurais cando estes son globais. A globalización, tan enfatizada e mesmo cacarexada polos mais adeptos ao SISTEMA, é precisamente a que impide que países que comparten modelo económico podan coincidir estratexicamente.
As conclusións e o documento final son desalentadores: Ningún compromiso, ningunha vinculación, ningunha evidencia de cambio. Todo frases ocas, terminoloxías politicamente correctas e aparentes compromisos, tan inconcretos, que non aportan nada.
Desde a CIG expresamos o noso mais profundo malestar por este fracaso colectivo e esiximos que non se pase páxina e se retomen os traballos do Cumio, asumindo así o seu fracaso e aceptando que o traballo está aínda por facer.
Ao mesmo tempo, queremos manifestar a nosa máis enérxica protesta polo tratamento recibido, por parte da policía de Dinamarca, co amparo e “comprensión” da “Comunidade Internacional”, de milleiros de persoas que representaban a organizacións sindicais, medio ambientais, grupos ecoloxistas, organizacións non gobernamentais, medios de comunicación etc.