No decurso da xuntanza, sen a patronal, os representantes dos traballadores/as de instalacións deportivas explicaron ao Secretario Xeral de Traballo, Odilo Martiñá e ao Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais a precariedade na que se atopa o sector e a situación actual.
Pola súa banda, tanto Martiñá como Fernández comprometéronse a seguir intentando abrir vías de diálogo entre as partes e a manter unha xuntanza só coa patronal para intentar desbloquear o conflito.
Os representantes dos traballadores afirmaron que con esta actitude a patronal “demostran quen son ao faltar mesmo a unha xuntanza convocada pola administración” e anunciaron a súa intención de continuar coas mobilizacións para exixir que se atenda ás súas demandas.