Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 22/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
De esquerda á dereita, Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, Manolo Simón, responsábel do Naval na comarca de Vigo, Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, Roxelio Veiga, coordenador da CIG-Metal de Vigo, e Serxio Fontanes, secretario de Negociación Colectiva da CIG-Metal de Vigo.

CIG-Metal realizará asembleas nos estaleiros e camiña cara unha mobilización no naval pola regulación da contratación no sector

Denuncia o acordo que asinaron CCOO, UGT e os empresarios, que deixa sen efecto o convenio en canto á bolsa de emprego
O xoves 18 de febreiro tivo lugar unha asemblea de delegados e delegadas do naval da CIG-Metal de Vigo no que se analizou o acordo asinado polas centrais sindicais UGT e CCOO, e a patronal, que remata coa Axencia da Bolsa de Emprego e que desregula por completo a cuestión da contratación no sector.

Nesta asemblea informaron de que o acordo non está asinado polos nove estaleiros da ría de Vigo, como no seu momento estivo asinado o acordo para criar a Bolsa de Emprego. Denunciaron que "o convenio se converte asi en papel mollado e se volve á lei da selva", coa única diferencia de que se vai implantar un carnet profesional, que ven dos acordos de Madrid, e que abre á desregulación total na contratación.

Necesidade de mobilizarse

Nese  sentido, incidiron na necesidade de "defender o sector e artellar unha resposta a este acordo", polo que "é preciso mobilizarse".

A continuación deixamosvos co texto completo da folla informativa sobre este acordo que se repartiu no sector desde a terceira semana de febreiro. Nesta última semana realizaranse asembleas nos distintos estaleiros, para pulsar o ambiente, e tomar a decisión de que mobilización se vai levar adiante e a data da mesma.

Que acordo asinaron para a contratación CCOO, UGT e os empresarios, e por que non o asinou a CIG?

O Convenio colectivo asinado por UGT e CCOO ten en vigor a Disposición Adicional V sobre a contratación no Naval. Esta disposición adicional fora asinada no convenio do 2006 e regulada posteriormente despois de 18 dias de folga no naval no ano 2007.

Esta cláusula establece obrigatoriamente unha bolsa de emprego, que se regulará con dous niveis de contratación. Primeiro unha lista A, na que sempre terá preferencia para ser contratados os traballadores que leven máis dun ano no sector, e cando unha lista de oficios estea baleira (soldador, tubeiro, caldereiro, electricista, etc) da lista A, poderase contratar a aqueles da lista B, que son os que non traballaron un ano no sector.

Loitamos moi duro hai dous anos para fixar un número de fixos e regular a contratación a través da Bolsa, porque queríamos diminuir a precariedade e evitar a discriminación na contratación, e porque temos o deber de asegurar ante todo que o traballo no sector debe ser o primeiro para aqueles que o defenderon e loitaron nestes anos.

Que asinaron entón agora? A eliminación da Bolsa que aínda está regulada polo convenio asinado por eles hai catro meses. A diferencia é que agora eliminan a obrigatoriedade de que a contratación sexa para os que levan máis de 12 meses no sector, e cambian a 12 meses de certificación da profesionalidade ou formación equiparábel (curso de formación). Como podedes ver a partir de aquí poden contratar a calquera traballador de calquera lugar, mesmo de fora, que teña 12 meses de profesión ou un curso de formación. Por esta razón non asinou a CIG.

A CIG asinou nesta Mesa unha prórroga de 45 días para que non eliminaran a Bolsa de inmediato e para seguir defendendo o que defendimos no Convenio: regular a contratación sen fraude. O que os empresarios queren é a total liberdade para contratar e despedir sen condicións, porque queren modificar totalmente as condicións de traballo no sector, e coa contratación regulada non poden facelo. Queren aplicar sen resistencia dos traballadores a flexibilidade de xornada, pagar as horas como queiran, poñer as quendas que queiran, mesmo as fins de semana.

A semana pasada o Parlamento Galego aprobou cos votos do PP e PSOE, a lei que permite que veñan empresas de fora pagando os salarios do seu país. Xa vos podedes dar unha idea do que queren facer: viran como subcontratas empresas montadas polos empresarios de aquí, con sede social noutro país, e non queren que lles poñamos freo. E a CCOO e UGT teremos que preguntarlle como poden tumbar e incumprir un Convenio que asinaron hai catro meses. Xa renderemos contas, pero agora toca defender o noso dereito ao traballo.

cig.prensa@galizacig.com