A protesta estivo chea de cánticos e frases reivindicativas en contra da privatización da sanidade pública na área de Vigo, e volveu dar boa conta do amplo rexeitamento á tentativa de privatización da sanidade pública galega por parte do goberno autonómico do PP de Feijoo.
Continúan as mobilizacións
O martes 23 realizarase unha nova mobilización no Hospital Xeral ás 11h e o mércores 24 de febreiro haberá folga xeral de 24h no CHUVI con manifestación ás 20h dende o hospital Xeral ata o edificio da Xunta de Galiza na praza da Estrela.