Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 22/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Media xornada de folga no naval e marchas pola cidade de Vigo en reposta á represión policial

5000 traballadores percorreron as rúas da cidade desde as 11 da mañá

Traballadores do naval da cidade de Vigo secundaban media xornada de folga e saían ás rúas en manifestación como resposta á represión policial durante a cuarta xornada da folga no sector do metal. Logo de se reuniren en asemblea nos diferentes centros de traballo, mais de 5000 traballadores demostraban publicamente a unidade no sector e a repulsa á violencia policial e patronal, á que responsabilizan das cargas.

Se a cuarta xornada da folga no metal da provincia de Pontevedra supuxo unha demostración de forza e unidade do sector a pesar da represión policial, a media xornada de folga de hoxe evidenciou a capacidade dinamizadora e mobilizatoria do naval, que exteriorizou ao pobo de Vigo a repulsa ás cargas do día anterior e a vontade dos traballadores de continuar na loita polo convenio.

Para Miguel Anxo Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, "aínda que a patronal reclamara a intervención policial, o de onte foi desmedido e inxusto cos traballadores que reclamaban un convenio xusto". Ademais , valorou a media xornada de folga como "un éxito", na cal "os traballadores marcharon en funda pola cidade para exteriorizar que se trata dun conflito laboral e non policial".

 Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, que interveu nunha multitudinaria asemblea do naval na praza do Rei, revindicou as razóns dos traballadores na loita polo convenio "a pesar de que se pretende crear un estado de opinión contrario a nós". Tamén destacou a importancia da loita do metal para outros sectores: "o que nós saquemos vai ter unha importante enorme e vai supor a ruptura noutros sectores, por iso a patronal vai seguir presionando".

Este luns 25 de Maio retomaranse as negociacións polo convenio do metal coa mediación da Consellaría de Traballo. 

  

  

cig.prensa@galizacig.com