Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 22/8/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Traballadores e membros da Intersindical-CSC reparten panfletos solidarios cos despedidos no Bingo "Ciudad de Santiago" diante dun estabelecemento da mesma empresa en Barcelona.
Protesta ante o bingo "Ciudad de Santiago" realizada en Compostela o 25 de xullo, na que participou Antoni Alarcón (no centro da imaxe con camisola amarela), secretario de Organización da Intersindical-CSC.

As mobilizacións constantes conseguen a readmisión da traballadora despedida no bingo “Ciudad de Santiago”

A Intersindical–CSC apoiou a loita desde Barcelona (Països Catalans)
A dirección da empresa “Top Rank”, multinacional inglesa propietaria do bingo “Ciudad de Santiago”, readmitiu a traballadora despedida no mes de xullo de forma improcedente, logo de varias xornadas de mobilizacións diante das portas deste negocio. Se ben é certo que nesta empresa houbo tres despedimentos, dous dos traballadores admitiron a indemnización proposta. Porén, a empregada non aceptou a improcedencia do seu despedimento e proseguiu na loita pola súa readmisión, que finalmente conseguiu.
Os compañeir@s cataláns da Intersindical-CSC amosaron a súa solidariedade internacionalista cos despedidos do Bingo "Ciudad de Santiago".

As mobilizacións de traballadores, delegados e militantes da CIG desenvolvéronse durante catro venres, ao tratarse do día no que hai máis clientela, por espazo de 11 horas, desde as 16:00 até as 03:00 horas. Nestas protestas, os concentrados informaron e solicitaron á clientela do bingo que non entrase no recinto en solidariedade cos traballadores despedidos.

Estas xornadas foron todo un éxito e mesmo mellor do que se esperaba, pola alta aceptación da clientela. O último día de mobilización, o 8 de agosto, o bingo estivo paralizado e non houbo partidas ao non contar cun mínimo de clientes. Mais ese día, ademais de realizar unha xornada de protesta diante das portas da empresa en Compostela, en Barcelona, onde está a sede estatal de Top Rank, o sindicato catalán Intersindical – CSC (Confederació Sindical Catalana) amosou a súa solidariedade internacionalista cos traballadores/as galegos/as, realizando tamén unha xornada informativa na capital catalá, na que repartiu panfletos a todos e todas os/as clientes dos bingos que a empresa posúe nesa cidade.

A Federación de Servizos da CIG en xeral e, en particular, o seu secretario nacional, Paulo Rubido, así como os delegados do bingo e os traballadores/as, agradecen enormente ao secretario de Organización da Intersindical-CSC, Antoni Alarcón, que participou o 25 de xullo nunha das nosas concentracións en Compostela, o seu apoio, “sen o cal este conflito posibelmente se prolongaría máis no tempo”.

- Novas relacionadas

- Preme aquí para ter máis información sobre o sector do bingo consultando o blogue que crearon os delegados do sector

cig.prensa@galizacig.com