O persoal do Comercio vario coruñés pode reclamar as cantidades adebedadas dos anos 2008 e 2009, do mesmo xeito que os traballadores e traballadoras da Hostalaría pontevedresa. Pola súa banda, os empregados e empregadas da Hostalaría da provincia da Coruña poden solicitar os atrasos correspondentes á revisión salarial de 2009.
Nos locais da CIG-Servizos
A afiliación destes sectores pode acudir cando queira aos locais da CIG-Servizos na Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra e Vigo para que o sindicato lles tramite as conseguintes reclamacións salariais ante as súas empresas.
Axuntamos táboas salariais dos devanditos sectores ao final do texto.