Como xa anunciara a Federación do Metal da CIG na comarca de Vigo, a próxima semana terá lugar unha asemblea de afiliados e afiliadas do sector do Metal, afectados pola negociación do convenio provincial de Pontevedra, para analizar tanto o contido do preacordo do Metal asi como a sinatura do preacordo por partes das centrais sindicais CCOO e UGT.
Agárdase alta asistencia
"Dada a importancia do tema a tratar agardamos contar coa vosa presenza" sinala unha folla informativa que convoca este acto. Esta asemblea terá lugar no salón de actos e cine dos Salesianos, na rúa Venezuela número 3.