Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 23/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración do persoal de Grafoplas contra o despedimento de oito compañeiros/as

Nesta ocasión trasladáronse ao centro de traballo que a empresa ten en Alvedro
Traballadores e traballadoras de Grafoplas continúan co calendario de mobilizacións para reclamar a readmisión dos oito compañeiros/as despedidos pola empresa. Nesta ocasión, as protestas trasladáronse a planta que a empresa ten a altura de Alvedro, na estrada que une A Coruña e Santiago, onde realizaron unha concentración durante media hora.

Os traballadores e traballadoras dan continuidade deste xeito ás mobilizacións iniciadas hai unhas semanas en rexeitamento á decisión da empresa de despedir a oito empregados/as, aproveitándose das facilidades introducidas pola reforma laboral do PP.

Dentro do calendario de protestas estase avaliando a convocatoria dunha xornada de folga e o vindeiro día 5 de novembro, coincidindo co acto de conciliación no SMAC dos traballadores/as despedidos/as, o persoal tamén ten previsto realizar algún tipo de mobilización.

cig.prensa@galizacig.com