Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 23/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Banca denuncia que a decisión sobre a fusión das caixas semella estar tomada

CCOO, PSOE e PP deben dar explicacións
O vindeiro 27 de novembro a CIG será recibida polo presidente da Xunta de Galicia para coñecer a posición da central respecto das posíbeis fusións das caixas de aforro galegas. Porén,dadas as informacións publicadas en diversos xornais, a decisión semella estar tomada coa connivencia do PSOE, do PP e de CCOO. Diante destas noticias, que sinalan que Caixa Galicia estaría en disposición de fusionarse con Caja Madrid, a CIG exixe unha inmediata explicación pública.

O Faro de Vigo e La Opinión da Coruña publicaron que o pasado xoves que o Consello de Administración de Caixa Galicia aprobou un SIP con Caja Madrid e a CAM. De ser certa esta noticia, PSOE (Fernández Moreda, Mar Barcon e Clemente Orozco), PP (Mauro Varela, o alcalde de Curtis e o alcalde de Cabanas) e os dous representantes do persoal, que son de CCOO (Cerredelo e María José), terían votado a favor da unión con Caja Madrid, alegando que a fusión con Caixanova non é posible.

Segundo explica Clodomiro Montero, secretario nacional da federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas, “hai que destacar que as organizacións que votaron a favor desta unión, teñen asinado en Madrid o denominado ‘Pacto de Estabilidad de Caja Madrid’, que non impediu o espectáculo dos últimos meses”. Este pacto ten como obxectivo político converter a Caja Madrid nunha entidade de referenza fronte a La Caixa, a costa de Caixa Galicia.

Por iso, a CIG, exixe unha explicación pública a CCOO, “xa que estamos no escenario que denunciamos o mes de xullo: a fusión con Caja Madrid e a CAM”, afirma Montero, quen insiste en que, para a CIG segue a estar en xogo o futuro das Caixas Galegas e milleiros de postos de traballo directos e indirectos.

Por iso, o secretario nacional da federación de Banca reitera que “a nosa manifestación do 4 de decembro en defensa das Caixas semella mais precisa que nunca”.

cig.prensa@galizacig.com