Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 23/2/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Isabel Moares, presidenta do Comité do 112, Óscar Valladares, secretario do Comité, e Inácio Pavón, membro da executiva da CIG de Compostela, durante a rolda de prensa.
Os traballadores e traballadoras do 112 tamén estiveron presentes nun acto electoral de Touriño en O Grove.

O persoal do 112 non descarta ir á folga se continúa sen recoñecerse o dereito á subrogación

Solicitarán reunións cos candidatos dos partidos para coñecer a súa postura a respecto da xestión do servizo de emerxencias
Os traballadores e traballadoras do CAE 112 de Galiza non descartan ir a unha folga se continúa sen ofrecerse unha solución definitiva a súa situación laboral. Así o anunciou en rolda de prensa o Secretario do Comité, Óscar Valladares, quen tamén sinalou que van solicitar reunións cos candidatos dos tres grupos políticos maioritarios para coñecer a súa postura arredor deste servizo público.
Protesta do CAE 112 nun mitin do PSdeG en Cangas, no que participaba Touriño.

Valladares, que estivo acompañado pola Secretaria do Comité do 112, Isabel Moares, e o membro da Executiva Comarcal da CIG de Compostela, Inácio Pavón, explicou que esta iniciativa da continuidade á campaña iniciada polo persoal do 112 para dar a coñecer publicamente a situación laboral na que se atopan e reivindicar unha maior estabilidade.

Os representantes dos traballadores e traballadoras vanse dirixir aos candidatos dos tres grupos políticos con representación para solicitar unha reunión con cada un deles, de cara a coñecer a súa postura a respecto da xestión do CAE 112. “Se as respostas non son satisfactorias e non axudan a por fin a este conflito, non descartamos convocar unha folga”, indicou Óscar Valladares.

A principal demanda do persoal deste servizo céntrase na cuestión da subrogación, que a administración continúa sen querer asinar, que a administración continúa sen querer asinar. 

Escusas dende a administración

Pola súa banda, Presidencia da Xunta néganse a asumir esta cuestión alegando que se trata dunha tentativa de “entrar na administración pola porta de atrás”. Dende o 112 lembran que a subrogación non dotaría de novos dereitos aos traballadores/as e mesmo a empresa concesionaria ten emitido un informe favorábel neste punto. “Concedernos a subrogación significaría que o persoal do 112 estaría adscrito ao servizo público directamente e non suxeito a unha contrata, daríanos máis estabilidade pero non dereitos relacionados co funcionariado”, aclarou.

Dende o Comité do 112 reclaman á administración que recoñeza o dereito á subrogación para acadar definitivamente unha solución á situación laboral que padecen, pois existe un principio de acordo entre traballadores e empresa nas restantes reivindicacións. Ademais, continuarán acudindo a todos os actos de campaña nos que participe o presidente Emilio Pérez Touriño, por ser o responsábel último de todas as contratas da Xunta.

Novas relacionadas 

Máis información en 112enloita.blogspot.com

cig.prensa@galizacig.com