Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 23/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Correos obriga a un carteiro con muletas a repartir paquetes

A empresa deulle a alta médica malia non estar completamente recuperado das súas doenzas
CIG-Correos denuncia que a empresa deu a alta médica a un carteiro de Santiago, malia non estar recuperado das doenzas provocadas por dous accidentes laborais anteriores. O traballador incorporouse esta mañá (día 23 de febreiro) ao traballo e desde a dirección de Correos enviárono a repartir paquetes sabendo que para camiñar depende dunhas muletas. Por iso, desde CIG-Correos convocouse unha concentración este martes diante da Dirección territorial de Correos en Galiza, na Rúa Pitelos, en Santiago de Compostela.

Os funcionarios de Correos, de baixa médica, teñen que solicitar ao sétimo día unha licenza, que dá a propia empresa, para continuar coa baixa. No caso deste traballador, na segunda baixa por accidente laboral, o propio Director Territorial de Correos denegoulle a prórroga da licenza.

O traballador, que se incorporou esta mañá ao seu posto de traballo, malia non estar completamente curado, foi destinado pola dirección a repartir paquetes a pesares de depender de muletas para camiñar.

CIG-Correos exixe a erradicación desta política de denegación de baixas por criterios economicistas e que se vele pola saúde dos traballadores, un dereito que debe ser respectado por diante dos intereses empresariais. CIG-Correos está avaliando a posibilidade de adoptar accións legais contra este atentado contra a saúde dos traballadores e traballadoras, máis tendo en conta que o traballador dispón de informes médicos de organismos oficiais que recoñecen secuelas destes accidentes laborais.

cig.prensa@galizacig.com