Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 23/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Mobilización na empresa de telemárketing de Unísono en Vigo contra os despedimentos e a deslocalización en Vodafone

Deslocalizan o servizo do atención ao cliente
A CIG xa alertou a principios deste mes da posiblidade de que a deslocalización emprendida por Vodafone poidera afectar a campaña de recepción de chamadas na empresa Unísono CRM en Vigo. Finalmente serán 16 as persoas despedidas. Por iso, o Comité de Empresa de Unísono decidiu convocar de 12 da mañá ás 13 horas unha concentración de rexeitamento destes despedimentos, que se farán efectivos o 31 de marzo.

Unísono Chile é unha das empresas beneficiadas pola deslocalización de Vodafone cara a América Latina que está afectando gravemente ao emprego no sector de telemárketing en Galiza.

"Fin de campaña"

A empresa que anunciou o "fin da campaña" Vodafone recepción, comunicou a representación da CIG que despedirá a 16 persoas a final de mes incumprindo o compromiso previo de recolocación. A empresa alega que non pode contratar ao persoal afectado por que levaría mais de 24 meses na empresa con dous contratos e debería facelos fixos conforme a lexislación. Pero a súa vez a empresa négase a realizar a transformación de contratos temporais en indefinidos obrigatoria por convenio.

Convocada polo Comité

A CIG trasladou ao Comité de Empresa a información da empresa, aprobandose por unanimidade emprender mobilizacións de xeito inmediato para exixir a recolocación do persoal afectado, sendo a concentración do martes 23 de marzo a primeira destas mobilizacións.

cig.prensa@galizacig.com